Charla cos alumn@s do EIS da Coruña

Parte da Xunta directiva de TESGAL desprazouse á ESCOLA DE IMAXE E SON da Coruña. En concreto foron Xabier Carnota, Xosé M. Moldes, Oscar Naveiras e Jose Búa.

A presentación celebrouse no salón de actos da Escola, e asistiron alumnos de todos os graos formativos, así como parte do profesorado. Durante a mesma, presentaron o Sindicato aos asistentes; ó tempo que fixeron un repaso da breve  historia do mesmo, e das principais razóns do cambio de Asociación a Sindicato.

Coa axuda dunha presentación audiovisual, mostróuselle á audiencia parte da realidade do noso sector nos diferentes campos das producións ao vivo, así como a problemática de ser historicamente un sector invisible.

Tamén houbo tempo para as preguntas, e incluso o debate acerca das nosas realidades diarias.

Tanto os membros do Sindicato, coma o alumnado e profesorado presentes, valoramos positivamente esta presentación.

 Pola nosa parte prestámonos encantados de repetir a experiencia e inclusive a colaborar ca Escola en cantas iniciativas de formación poidan xurdir.

Tamén animamos @s nos@s asiciad@s a participar en vindeiras presentacións; das cales teredes conta con antelación.

Escola Imaxe e Son Coruña: www.eis.gal

Deixa unha resposta