Forum

Notifications
Clear all

Asociación sindical de profesionais técnicos do espectáculo

Principal
Posts
Topics

NORMAS DO FORO

Os foros están moderados polo Administrador do foro. Non serán toleradas actitudes agresivas, discriminatorias ou carentes de respeto. Serán eliminadas aquelas persoas que incumpran este precepto. Do mesmo xeito, insultos, linguaxe ofensiva, sexista, racista, xenófoba ou discriminatoria en xeral non será permitida. Rexe o principio de respeto e sentido común. Non se permitirá compartir ligazóns que atenten contra a orde xurídica de protección da propiedade intelectual, pornografía ou outras que atenten contra o espírito deste foro. Debemos usar unha linguaxe apropiada. É de agradecer ler un debate sen faltas de ortografías nin abreviaturas. O respeto polas opinións alleas tamén é unha cuestión de forma. É importante ler as respostas previas dende o comezo, para evitar duplicar respostas. Debemos cinguirnos aos topics (temas) creados. O Administrador do foro irá creando novos fíos (topics, temas) de é demandado. Demasiados fíos provocan que o debate acabe diluído. Para crear novos debates, ideas, aportar en xeral ou compartir pensamentos, suxerencias, etc usaremos o Foro de aportes. De este foro poderán saír novos foros. Tentemos ser claros, breves e concisos. Respetemos a diversidade de opinións, xustifica e argumenta. O debate, respetuoso e san, enriquece. Non esquezamos os fins de cada foro e de cada fío.
0
0
Compartir: