CONCENTRACIÓN 17S #FACEMOSEVENTOS- INDUSTRIA DO ESPECTÁCULO E EVENTOS

O Sindicato Tesgal – Asociación Sindical de Profesionais Técnicos do Espectáculo – somos un sindicato que recolle un amplo abano de profesionais do espectáculo; por conta allea ou propia, que naceu coa idea de traballar para a mellora do colectivo profesional.

Todo o colectivo profesional que nos dedicamos ás artes escénicas, ó espectáculo e eventos estamos a atravesar un momento extremadamente complicado debido ás restricións que por mor da crise sanitaria global que está a afectar completamente os postos de traballo e o tecido empresarial do noso sector.

Debido a ese motivo poñémonos en contacto contigo para invitarte de primeira man a participación activa e colaboración nas mobilizacións que se van desenrolar a nivel estatal o vindeiro 17 de setembro.

O Sindicato Tesgal quere ser punto de unión e traballo para realizar unha movilización representativa do noso sector en Galicia; independentemente da posición de cada quen na cadea de produción. Dende quen distribúen, presupostan, transportan, montan ou empregan os equipamentos técnicos para ás artes escénicas, ó espectáculo e os eventos todos e todas somos imprescindibles para crear, ver, sentir e oír a cultura.

O Sindicato Tesgal participa na Plataforma Estatal de Asociaciones de Técnicos do Espectáculo (PEATE) e a súa vez na mesa sectorial do sector do espectáculo onde por primeira vez estase a crear unha unión sectorial nunca vista con antelación.

Queremos traballar por unhas mobilizacións que nos sirvan para unha visibilización clara dos problemas relacionados coa crise sanitaria e sirvan para reclamar medidas que palien as necesidades directas do momento que estamos a vivir. Estas mobilizacións formarán parte do movemento europeo #wemakeevents #redalert.

Por iso queremos contar contigo para que participes, porque es unha peza máis na engranaxe do noso tecido laboral e produtivo. 

Podes facelo de diversas maneiras:

1- Asistir á mobilización o dia 17 de septembro na Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela as 20:30, vestidos/as con roupa de cor negro.

2- Compartir as publicacións que fagamos con este motivo dende os perfis de TESGAL ou  dende o perfil do movemento #alertarojaeventos:

3- Empregar a imaxe do movemento nas vosas redes, marco de facebook dispoñible no facebook de TESGAL ou buscando #facemoseventos e da imaxe/video da convocatoria cando se lance. 

4- Se es empresa e queres participar na loxística da mobilización. Imos a precisar material (flycases,iluminación, sonido, tarimas, etc). 

5- Se tes unha Sala de concertos ou dispos de unha oficina: imprime e colga na porta o logo de #alertavermella #facemoseventos para que esté visible ao público.

Manda un mail a info@sindicatotesgal.org se estás interesado/a para informarnos cómo podes colaborar.

MANIFESTO: https://alertarojaeventos.com/download/284/

Deixa unha resposta