Primeira reunión entre APTAV e Festivais de Galicia

O pasado 20 de marzo, APTAV tivo a súa primeira reunión oficial coa Asociación Festivais de Galicia. Esta Asociación xunta actualmente a 8 festivais que se celebran en Galicia: “Ribeira Sacra”, “Vive Nigrán”, “Festival Sinsal Son Estrella Galicia”, “Atlantic Fest”, “Son Rías Baixas”, “Revenidas”, “Festival de la Luz” e “WOS Festival Son Estrella Galicia”.

Á xuntanza acudiron membros da Xunta Directiva das dúas Asociacións, e se abordaron as problemáticas dos traballadores técnicos no campo dos festivais.

Acordouse a redacción duns “Principios de traballo mínimos admisibles”, para que sirvan de punto de partida de cara á mellora das condicións de traballo nos festivais.

Estes principios mínimos se poñerán enriba da mesa de traballo que se pretende abrir con esta Asociación, e con diferentes protagonistas do sector dos eventos ao vivo, tales como artistas, promotores, empresas de servizos e a propia Administración.

Tas a reunión, a cal os representantes das dúas Asociacións deron por satisfactoria; ambas se emprazaron para seguir dialogando e traballando na mesma liña co fin de acadar obxectivos comúns.

www.festivaisdegalicia.gal

Deixa unha resposta