TESGAL no CULTURGAL 2019

O noso compañeiro José Búa foi o encargado de presentar o sindicato TESGAL (antiga APTAV) os asistentes do “Espazo foro” no “Culturgal 2019“.

Culturgal é a Feira da actividade cultural en Galicia que se celebra do 29 de novembro ao 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra co lema “Dálle unha volta á Feira!”. Durante 3 días a Feira presenta unha programa de actividades que se espallan polos diferentes escenarios: Carpa, Libro, Foro, Familiar, Audiovisual, Arte Contemporánea. En total, máis de cen actos e actividades nunha programación que se constrúe coas propostas de empresas, artistas e institucións. Milleiros de persoas gozan cada ano dunha Feira que, cunha entrada a prezo popular, permite descubrir que é o se fai e que é o que vai vir no ámbito cultural en Galicia. 

https://v2.culturgal.com

Deixa unha resposta