PREGUNTAS FRECUENTES CONVENIO

¿Que é un Convenio Colectivo?

Nun Convenio Colectivo regúlanse dereitos e obrigacións da relación laboral entre o traballador e o empresario dentro do marco legal do Estatuto dos Traballadores, e o establecido polas partes é de obrigado cumprimento para ambas.

¿Cal é a importancia de ter un convenio colectivo?

Os convenios colectivos permiten mellorar as condicións laborais mínimas recollidas no Estatuto dos Traballadores, así como regular aspectos concretos ou específicos da actividade conveniada, polo que o feito de ter un adoita ser beneficioso para a persoa traballadora.

¿Quen decide o convenio a aplicar?

A actividade económica principal da empresa é a que marca o convenio aplicable.

¿E se a empresa ten diferentes actividades?

Se na empresa hai diferentes actividades e están claramente separadas (unha non é auxiliar de outra, por exemplo) sería posible aplicar diferentes convenios dentro da mesma empresa. Este suposto non é moi frecuente.

¿E se para regular unha actividade existen varios convenios aplicables?

Ás veces non é sinxelo determinar cal é o convenio colectivo a aplicar xa que pode existir concorrencia de convenios, é dicir, diversos convenios colectivos que se poderían aplicar a unha mesma relación laboral.

*Esta situación ocorre en Galicia, na comunidade autónoma temos dous convenios para aplicar aos profesionais técnicos por conta allea:

  • Convenio colectivo autonómico de eventos, servizos e producións culturais.
  • Convenio colectivo do sector de orquestras de verbena.

En caso de concorrencia de convenios resólvese mediante as seguintes regras de xerarquía:

  1. O convenio de empresa ten prioridade respecto o convenio colectivo nas seguintes materias; retribución salarial, horario e distribución da xornada.
  2. No segundo lugar, determinase a preferencia de un convenio colectivo fronte o outro baseándose na vixencia do convenio. É dicir, ten preferencia o convenio mais antigo sobre o mais novo.
  • O convenio de eventos, servizos e producións culturais: Resolución do 24 de xuño do 2010.
  • O convenio do sector de orquestras da verbena: Resolución do 9 de xaneiro de 2017.

¿Como podo saber cal é convenio que se aplica na miña relación laboral?

  1. Revisando o contrato de traballo. O empresario está obrigado a indicar cal é o convenio colectivo polo que se rexe a relación laboral. Ou polo menos, cal é o convenio que a empresa considera de aplicación.
  2. Acudir a Web da Comisión Consultiva Nacional de Convenios Colectivos que ten un buscador, que de maneira orientativa, podemos saber cal é o noso convenio indicando a localidade e o CNAE da empresa.
  3. Consultar na Inspección de Traballo.
  4. Acudir á comisión paritaria. Tódolos convenios teñen a obriga de designar unha comisión paritaria, formada por empresarios e traballadores, de deben resolver calquera dúbida derivada da aplicación e interpretación do convenio, e entre elas, o ámbito de aplicación.

¿Pode a empresa cambiar o convenio colectivo?

A empresa non pode decidir que convenio colectivo aplica na empresa, se non que ten que aplicar o que corresponde segundo a actividade económica.

A empresa pode considerar que o convenio colectivo non corresponde coa súa actividade. Neste caso, pode modificalo a través da negociación colectiva. En caso de ausencia de negociación ou/e acordo cos representantes dos traballadores, a empresa pode instar un procedemento de conflicto colectivo para a modificación do convenio de aplicación, procedemento que requerirá sempre dunha conciliación ou mediación previas.

Se existen modificacións na actividade que poden conlevar a aplicación dun convenio distinto, a empresa pode instar un procedemento de modificación substancial das condicións de traballo, que establece o art. 41 do Estatuto dos Traballadores.

¿O traballador pode solicitar cambiar de convenio colectivo?

A través dos representantes legais dos traballadores tamén se pode iniciar un procedemento de negociación colectiva para modificar o convenio ou acudir ao procedemento de conflicto colectivo. Os traballadores, individualmente considerados, non teñen lexitimación para instar o procedemento de conflito colectivo.

Un traballador pode solicitar, individualmente, que se considere a aplicación dun convenio distinto ao aplicado pola empresa con ocasión dunha reclamación por despido, de cantidades, ou directamente reclamando calquera dereito do convenio que non se lle estea aplicando.

Deixa unha resposta